Aplicación de produtos fitosanitarios alí onde a roza non é eficaz

Aínda que non é a nosa primeira opción, o certo é que a aplicación de produtos fitosanitarios faise precisa en diferentes ocasións en traballos con vexetación. Por exemplo, nalgúns casos debe combinarse coa roza para lograr unha eliminación definitiva de especies non desexadas como as invasoras do tipo Plumacho ou ‘Uña de gato’.

 

Tamén se fai necesario aplicar ese tipo de produtos cando a roza mecánica ou manual é de alto risco. Falamos de espazos como medianas de estradas de gran tránsito de vehículos tales como autovías ou autoestradas, así como baixo biondas (valos de protección metálica que bordean as estradas) ou baixo barreiras.

 

Coidado da contorna preservando o medio

 

En calquera caso, a aplicación de produtos fitosanitarios (herbicidas) realízanse cun escrupuloso respecto ao medio ambiente buscando en todo momento evitar que o tratamento afecta o resto do espazo.

 

Igualmente, temos presente que as condicións climatolóxicas permitan a súa utilización, asegurando unha correcta xestión ambiental dos residuos dos produtos empregados nos traballos, e garantindo que o persoal dedicado ao servizo de aplicación de fitosanitarios posúe o carné de aplicador destes.

 

Neste sentido, Molime Viales é unha empresa autorizada pola Xunta de Galicia para a aplicación deste tipo de produtos co número de rexistro C-0461-S. O persoal que leva a cabo este tipo de tarefas está cualificado para iso. Recibiron unha formación específica na materia e contan con coñecementos en materia de Prevención de Riscos Laborais (PRL) para garantir, non só o coidado da contorna natural, senón tamén o dos traballadores que sobre ela actúan. Ademais da autorización como empresa para a aplicación destes produtos, todo o persoal encargado de realizar estas tarefas conta, como indicabamos previamente, co correspondente carné de aplicador de produtos fitosanitarios.