Molime Viales | Limpamos o teu camiño
382
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-382,,vertical_menu_enabled, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,qode-title-hidden,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,qode-theme-ver-10.1.2,wpb-js-composer js-comp-ver-5.1,vc_responsive

Molime Viales ofrece unha gran experiencia no sector da xardinería e no mantemento de vías públicas e áreas verdes, dispoñendo da maquinaria máis moderna e adaptada á realización dos traballos.

Servizos

Tarefas de xardinería para todo tipo de extensións.

Mantemento de vías públicas e limpeza de praias.

Mantemento e mellora de áreas verdes e repoboacións forestais.

Arboricultura, podas en altura, tala de árboles grandes…

Herba da Pampa Cortadeira selloana

 Afeccións

Transforma e coloniza áreas sen cobertura vexetal, axudando á propagación de incendios e estendéndose polo terreo despois do lume.

Traballos para o control

Pódense arrancar de forma manual ou mecanizada retirando as raíces, aínda que resulta bastante custoso e complexo. O tratamento máis recomendado e económico resulta o de combinar a roza co posterior tratamento químico sobre o rebrote, cunha eficacia demostrada do 90% de eliminación de plantas. Importante erradicala o antes posible da zona onde apareza polo seu poder de expansión.

Robinia Robinia pseudoacacia

Afeccións: modifca o estado natural do terreo que ocupa, producindo un solo rico en nitróxeno que favorece a presenza de especies que desprazan a fora autóctona.

Traballos para o control: eliminación mediante o arranque da súa raíz ou cortando a árbore pola base e aplicando un herbicida inmediatamente despois da corta sobre a cepa.

Uña de gato Carpobrotus edulis

Afeccións: modifca as condicións e a abundancia de especies nativas dunha zona. Acumulan sales no solo diminuíndo a dispoñibilidade de nutrientes e alterando a acidez do solo.
Traballos para o control: eliminación manual nas zonas invadidas retirando completamente as plantas.

Mimosa Acacia dealbata

Afeccións: gran capacidade de invasión, produce unhas substancias que difcultan a xerminación doutras especies, ademais de favorecer a propagación de incendios.
Traballos para o control: arranque manual ou mecanizado da súa raíz ou cortando a árbore pola base e aplicando un herbicida inmediatamente despois da corta sobre a cepa.

Outras especies Prantas e insectos

Outras especies exóticas invasoras de grave afección: Fento de auga, crocosmia, acacia negra, cana, vespa asiática ou cangrexo americano.

En Molime Viales a aplicación de produtos fitosanitarios realízase tendo en conta as condicións climatolóxicas que permitan a súa utilización, asegurando unha correcta xestión ambiental dos residuos dos produtos empregados nos traballos, e garantindo que o persoal adicado ao servizo de aplicación de fitosanitarios posúe o carné de aplicador de ditos produtos.

Contacta con nós