A limpeza de vías, clave para a conservación de estradas e para reducir sinistralidade

Manter limpas de foresta as vías é unha das accións fundamentais á hora de levar a cabo o mantemento e conservación das nosas estradas. Ademais, estes traballos colaboran na redución da sinistralidade e favorecen a seguridade na circulación de vehículos, xa sexa en autoestradas, autovías, estradas estatais, comarcais ou pistas que comunican entre si pequenos núcleos de poboación dun concello.

 

A limpeza viaria é un servizo prestado principalmente para as diferentes administracións, xa sexan estatais, autonómicas, ou locais (sería o caso de concellos e deputacións). Con todo, non son os únicos clientes que solicitan este tipo de traballos. Certos colectivos particulares, como as urbanizacións, tamén recorren a estes servizos que Molime Viales presta en todo o territorio galego.

 

Maquinaria específica que permite limpar marxes desde 1 metro a 15

 

Para levar a cabo estas tarefas de limpeza de estradas, contamos con maquinaria específica. Por exemplo, rozadoras de brazo con diferentes medidas. O ancho de terreo a limpar determinará cal é a ferramenta máis adecuada en cada caso. É o cliente o que define o ancho a manter que pode ir desde un mínimo de un metro a un máximo de 15 metros.

 

A realización da limpeza de estradas e vías adoita realizarse nas marxes das estradas, pero tamén noutras contornas como as medianas. En calquera caso, require de permisos específicos que é necesario tramitar para poder levar a cabo os traballos en condicións de seguridade óptimas. De feito, as tarefas de limpeza realízanse xunto a lugares de tránsito e en ocasións, ao mesmo tempo que se mantén a circulación rodada de vehículos. Por ese motivo, faise fundamental a correcta localización de sinalización que advirta dos traballos na vía ou xunto a ela. Así, Molime Viales coloca sinalización específica que avisa da presenza de operarios e maquinaria. O uso destes sinais faise imprescindible para garantir a seguridade de traballadores e usuarios da vía.

 

Outros dos traballos que se encadran dentro deste apartado son a limpeza de cunetas revestidas, de beirarrúas, de ‘tajeas’ (recollida de pluviais), etc.