Roza de terreos, montes e vías, cando, como e para que facelo?

Molime Viales leva a cabo roces de terreos como leiras, montes ou estradas. Neste proceso límpanse eses espazos eliminando a maleza ou matogueiras existentes.

 

Particulares, comunidades de montes, urbanizacións ou en ocasións a administración, adoitan ser os solicitantes deste tipo de servizos a Molime Viales.

 

A rexeneración natural da contorna, a mellora de pasteiros, a mellora da visibilidade nas vías e, sobre todo, a prevención de incendios, son algúns dos obxectivos que se perseguen coa roza dunha superficie.

 

Outra das razóns polas que se deben rozar as leiras é para evitar a propagación de pragas, principalmente de especies invasoras que se estenden sen control polo territorio se non se conteñen na súa orixe poñendo freo á súa reprodución descontrolada.

Unha ferramenta fundamental para a prevención de incendios

A roza de parcelas, previa á tempada de maior número de lumes, é unha peza básica na prevención de incendios. En Galicia, onde a masa forestal é tan extensa, resulta fundamental para o seu control.

 

Ao non contar con material de fácil combustión como a maleza, conséguese evitar a propagación do lume e mesmo se pode chegar a conter o seu inicio cando se trata, por exemplo, de descoidos (cristal abandonado sobre o que incide o sol), ou accidentes naturais (un raio).

 

A propia administración recomenda realizar rozas dos terreos antes da tempada estival coa fin, precisamente, de preparar o chan para previr e conter con maior facilidade o avance do lume no caso de declararse un incendio.

 

Finalmente, o coidado da aparencia estética dos terreos a rozar é outro dos factores que fan recomendable levar a cabo esta técnica para a limpeza de estradas, montes, campos ou, en definitiva, para ter curiosa a leira durante todo o ano.

Que se fai cos restos da roza?

Tras realizar a roza dun chan, xéranse residuos en forma de biomasa que poden ser retirados ou non. Desde Molime Viales recomendamos que, sempre que sexa factible, estes restos froito da limpeza da maleza dunhas terras, se conserven sobre a mesma. O fin que se busca con iso é que a biomasa colabore na rexeneración do terreo e que lle achegue nutrientes. Deste xeito, mellórase dunha maneira natural a calidade da terra. Ademais, con actuacións nesta liña, contribuímos á sustentabilidade do medioambiente. A queima deses restos, por exemplo, produciría unha emisión innecesaria de CO2 á atmosfera.

 

Ás veces, faise necesario que as técnicas de roza manuais ou mecánicas, se combinen coa aplicación de produtos fitosanitarios (herbicidas), unha tarefa que Molime Viarias tamén está en condicións de realizar. Contamos cun número de rexistro (C-0461-S) que nos identifica como aplicadores deste tipo de produtos. Ademais, o noso persoal está cualificado, formado especificamente nestas tarefas e dispón de carné de aplicador de produtos fitosanitarios en vigor.

Cando é máis conveniente realizar a roza?

Os momentos máis recomendables para levar a cabo roces dunha parcela, estrada ou monte son os seguintes:

  • Primavera. Nese momento realizaríase un primeiro traballo que prepararía o terreo de cara á época estival.
  • Verán. Xusto antes do arranque das altas temperaturas recoméndase unha segunda batida sobre o terreo. Esta acción reforzaría os traballos previos realizados na primavera e situaríase no tempo máis preto da época de maior calor e, por tanto, o momento do ano que esconde un maior risco de incendios.
  • Ao terminar o verán. Antes da chegada do outono, convén realizar unha última roza co fin de deixar o terreo listo para o resto do ano.